Skip to content

aindustriosa/FreeCAD24

Repository files navigation

Obradoiro FreeCAD

FreeCAD (https://www.freecad.org/) é un programa de modelado paramétrico 3D moi versátil e adecuado para diversidade de perfís de usuario.

Ademais, é software libre, multiplataforma (Windows, MacOS e GNU/Linux) e gratuíto. A súa versatilidade fai deste programa un complemento ideal para a impresión 3D e a fabricación dixital, en xeral.

Aprenderemos a manexar a última version que esta a piques de sair, o FreeCAD 1.0.0 (https://github.com/FreeCAD/FreeCAD/releases).

Vídeos

Martes 26 de Novembro

Módulo 1: Introducción a FreeCAD

Obxetivo: Instalar e coñecer o programa FreeCAD e aprender a moverse na súa contorna.

Temas a ver:

• Que é FreeCAD? Como instalalo

• Percorrido polas ferramentas principais e a área de traballo.

• Como moverse no espazo 3D: achegarse, afastarse, virar e desprazarse.

• Como gardar e diferentes arquivos que permite exportar.

Práctica: Crear un arquivo novo, axustar a vista e gardar o traballo.

O que se aprenderá: Familiarizaranse con FreeCAD, entendendo como é a súa contorna de traballo e manexando as ferramentas principais, para poder desenvolverse con soltura no programa.

Módulo 2: Modelado Paramétrico

Obxectivo: Descubrir como facer modelos e cambiar facilmente sen ter que volver facelos desde cero.

Temas a ver:

• Que é o deseño paramétrico e por que é útil.

• Como agregar medidas específicas nos bosquexos para axustar o deseño.

• Modificar as dimensións para actualizar o deseño rapidamente.

Práctica: Crear unha peza sinxela, como unha arandela, axustando as dimensións para ver como cambia o deseño.

O que se aprenderá: Coñecerán como crear deseños que se poidan modificar rapidamente, facéndoos máis versátiles.

https://youtu.be/nmTyFVzHlzo

Xoves 12 de Decembro

Módulo 3: Operacións Booleanas e Ensamblaxe

Obxectivo: Aprender a unir e ensamblar varias pezas para crear deseños máis complexos.

Temas a ver:

• Tipos de combinacións: unir, restar e atopar a área en común de dúas pezas.

• Organización de obxectos no espazo de traballo.

• Uso do módulo de ensamblaxe para xuntar varias pezas.

Práctica: Crear unha caixa e unha tapa, e aprender a ensamblalas.

O que se aprenderá: Saberán como unir pezas en FreeCAD, permitíndolles crear modelos completos formados por varias partes.

Módulo 4: Modelado 3D mediante bosquexos

Obxectivo: Aprender a crear bosquexos e transformalos en modelos 3D.

Temas a ver:

• Bosquexos (Sketches): Debuxo de liñas, círculos e outras figuras.

• Extrusión: Transformar un bosquexo nun obxecto 3D.

• Movementos básicos: rotar, mover e escalar as formas.

• Importar bosquexos

Práctica: Crear un cubo e unha esfera e practicar como movelas e modificalas. (por definir)

O que se aprenderá: Aprenderán a facer figuras simples en 3D con bosquexos e a manexalas, establecendo unha base sólida para traballar no deseño 3D.

https://youtu.be/eXRnwWvNWPI

Mércores 18 de Decembro

Módulo 5: Práctica de Creación de Pezas

Obxectivo: Consolidar os coñecementos adquiridos no curso e gañar soltura no uso das ferramentas de FreeCAD mediante a creación de varias pezas prácticas. Temas a ver:

Repaso de ferramentas clave: Sketcher, operacións booleanas, ensamblaxe e exportación.

Aplicación de deseño paramétrico: Axustar e modificar parámetros en pezas.

Exercicios prácticos:

• Peza 1: Crear unha engrenaxe simple utilizando ferramentas de bosquexo e extrusión.

• Peza 2: Deseñar unha abrazadera axustable, usando dimensións paramétricas para cambiar o seu tamaño.

• Peza 3: Crear un soporte en ángulo (por exemplo, para o teléfono) usando operacións booleanas.

• Peza 4: Deseño dunha tapa e base que encaixen entre si, aplicando técnicas de ensamblaxe.

• Peza 5: Un llavero personalizado para reforzar as habilidades de exportación para impresión 3D.

O que se aprenderá: Os estudantes terán a oportunidade de repetir e perfeccionar cada etapa do deseño en FreeCAD, gañando maior confianza e rapidez no uso das ferramentas. Isto permitiralles enfrontarse a novos deseños de forma autónoma e eficiente.

Módulo 6: Preparación para Impresión 3D

Obxectivo: Preparar o modelo para imprimilo en 3D ou levalo a un lugar de impresión.

Temas a ver:

• Exportar o arquivo en formatos como STL e OBJ (os máis usados en impresión 3D).

• Crear un pdf co noso modelo para imprimir. Alzado, planta e perfil.

• Revisar o modelo nun programa especial para impresión 3D, como Cura.

Práctica: Crear un modelo sinxelo, exportalo en formato STL e revisalo nun programa de impresión 3D.

O que aprenderán: Saberán como preparar os seus deseños para levalos a unha impresora 3D, listos para seren impresos de maneira efectiva.

https://youtu.be/kcHCAthQ4go

About

Obradoiro de FreeCAD

Resources

Stars

Watchers

Forks

Releases

No releases published

Packages

No packages published